Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    
Novidades
Noticias

60 anos coa Editorial Galaxia
Artigo de Víctor F. Freixanes, director xeral, no aniversario da nosa editorial

Para ler ao Otero Pedrayo poeta
En edición do profesor Alonso Montero, publicamos a obra poética do señor de Trasalba

Follas de Outono
Avance das novidades de Galaxia para a fin do ano

Críticas
A CHOIVA DO MUNDO
Xosé M. Pacho Blanco
Premio Torrente Ballester 2007
Revista Grial

Autores relacionados:
Pacho Blanco, Xosé M.
Libros relacionados:
A choiva do mundo


PAISAXE E NACIÓN
"O propio concepto de paisaxe viuse condicionado e deformado polo seu funcionamento como significante do Nacionalismo/.../Paisaxe e nacionalismo son, daquela, dúas construcións míticas simultáneas, como se plasma nos neoloxismos que as designan e que se desenvolveron paralelamente?". Estas verbas constitúen algúns puntos de arranque, singulares trazos caracterizadores do pórtico do ensaio Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio co que María López Sández acadou o Premio "Ramón Piñeiro" de Ensaio na convocatoria de 2007. A profesora tenta achegarnos o feito paisaxístico caracterizado na secuencia temporal como elemento cosubstancial ao ser humano e como referente literario ao longo da historia da nosa literatura. E non só da nosa; ao longo da creación universal, a natureza e a paisaxe mantiveron unha estreita relación co ser humano, un vencello recorrente que é a demostración dunha evidencia: o ser humano, a comunidade, é en parte consecuencia da estreita vinculación que se crea entre el a paisaxe que o rodea. Hai moitos exemplos aos que acudir mais, téñase presente, que esta caracterización do fenómeno natural semella ter un antes e un despois do Romantismo: a partir do XIX a paisaxe tamén é o tema esencial, lonxe de enmarcar como sucedera deica entón, e pasa a conformar o imaxinario común.

Das catro partes que compoñen o volume ("Nacionalismo e Imaxinario social"; "Espazo e paisaxe"; "Paisaxe e nación no discurso literario galego" e "Discurso, ideoloxía, paisaxe e nación") salientamos o terceiro capítulo no que a autora recolle tres exemplos de etapas diferentes da literatura galega para exemplificar esa íntima conexión entre a realidade paisaxística e as persoais interpretacións: "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro; "Arredor de si" de Otero Pedrayo e o ciclo textual de Tagen Ata de Ferrín. O poemario de Rosalía por canto ten de reivindicación paixasística; a novela do señor de Trasalba na que se retorna e reflexiona constantemente sobre os espazos vividos e visitados e, no caso de Ferrín, polo interese dun proceso de creación intertextual ambiguo, alegórico e ambicioso.

Xavier Castro Rodríguez
GALICIA HOXE
31 de xaneiro de 2009


Autores relacionados:
López Sández, María
Libros relacionados:
Paisaxe e nación (A creación discursiva do territorio)


SUBSCRÍBETE
As novidades de Galaxia no teu correo



EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal