Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Camilo Gonsar

Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931-Vigo, 2008) asinaba os seus libros dende 1980 como Camilo Gonsar. Formou parte do movemento de autores da coñecida como Nova Narrativa Galega. Entre as súas obras destacan o libro de relatos Lonxe de nós e dentro e outras páxinas e as novelas Como calquera outro día, Cara a Times Square e Desfeita (semirreportaxe).

Foi membro numerario da Real Academia Galega desde o 14 de decembro de 2002, data en que deu lectura ao discurso "Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo", ao que contestou en nome da institución, Xosé Luís Franco Grande.

Obras de Camilo Gonsar no catálogo:
- Lonxe de nós e dentro e outras páxinas ISBN: 978-84-7154-539-8
- A noite da aurora ISBN: 978-84-8288-644-2
- Como calquera outro día ISBN: 978-84-8288-853-8
- Relatos completos. 1961-1995 ISBN: 978-84-9865-112-6
- Desfeita ISBN: 978-84-9865-220-8


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal