Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Inma López Silva

Inma López Silva naceu en 1978 en Santiago de Compostela. É unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela Neve en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de Rosas, corvos e cancións. Con Concubinas obtivo o Premio Xerais 2002.

Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. Neve en abril foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta. Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela Memoria de cidades sen luz, publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008.

Obras de Inma López Silva no catálogo:
- Rosas, corvos e cancións ISBN: 978-84-8288-381-6
- Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia ISBN: 978-84-8288-554-4
- Neve en abril ISBN: 978-84-8288-773-9
- New York, New York ISBN: 978-84-8288-815-6
- Memoria de cidades sen luz ISBN: 978-84-9865-136-2


Recomendacho ...
- Gustavo Adolfo Garrido
- Encarna Otero

Eventos relacionados:
17/04/2007 20:30
Presentación de "New York, New York", de Inma López Silva
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela, ás 20.30 horas.

03/08/2007 19:00
Presentación de "New York, New York", de Inma López Silva
O venres 3 de agosto ás 19.00 horas, na Feira do Libro da Coruña.

03/06/2008 20:00
Sinatura de Inma López Silva
Na Feira do Libro de Ourense, o martes 3 de xuño, ás 20.00 horas.

[01/08/2008 - 01/08/2008]
Sinatura de Inma López Silva
Na Feira do Libro da Coruña, o venres 1 de agosto, ás 19.00 horas.

04/12/2008 20:00
Presentación de "Memoria de cidades sen luz", de Inma López Silva
No CULTURGAL. Palexco, A Coruña. Xoves 4 de decembro, ás 20.00 horas.

17/12/2008 20:00
Presentación de "Memoria de cidades sen luz", de Inma López Silva
Mércores 17 de decembro, ás 20.00 h, no Casino de Santiago

18/02/2009 20:00
Presentación de MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ en Vigo
Na Casa do Libro de Vigo, o mércores 18 de febreiro, ás 20.00 horas.

18/04/2009 17:00
Presentación de "Memoria de cidades sen luz" en Ames
Sábado 18 de abril, ás 17.00 h, na Praza do Concello, Ames

10/02/2010 19:30
Conferencia de Inma López Silva sobre a cidade de NY
Mércores 10 de febreiro, ás 19.30 h, no Café Moderno. Pontevedra


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal