Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Paco Martín

Nacido en Lugo en 1940, combina o ensino coa actividade literaria en campos como a novela, o relato, a literatura infantil e xuvenil e os escritos didácticos e divulgativos. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención a parte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que se fixo acreedor do Premio Nacional co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou un dos seus maiores éxitos.

En maio do ano 2006 publica con Galaxia o libro de contos A bisneta lercha.


Obras de Paco Martín no catálogo:
- No cadeixo ISBN: 978-84-7154-443-8
- Lembranza nova de vellos mesteres ISBN: 978-84-8288-361-8
- Historias para ler á noite ISBN: 978-84-8288-370-0
- A bisneta lercha ISBN: 978-84-8288-908-5
- Das novas cousas de Ramón Lamote ISBN: 978-84-9865-044-0
- Sabeliña e os ratos ISBN: 978-84-9865-020-4
- Das cousas de Ramón Lamote ISBN: 978-84-9865-056-3


Recomendacho ...
- Alejandro Tobar Salazar

Eventos relacionados:
20/06/2008 20:30
Presentación de Ramón Lamote en Vilalba
O venres 20 de xuño, ás 20.30 horas.

25/07/2009 21:00
O REGRESO DE RAMÓN LAMOTE. Conversa con Paco Martín
Sábado 25 de xullo, ás 21.00 h, no Festigal. Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal