Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Vicente Risco

Vicente Risco (Ourense 1884-1963) foi un dos escritores e intelectuais de maior relevancia na Galicia do século XX. Foi un membro destacado da Xeración Nós e desenvolveu un papel fundamental a prol do engrandecemento da cultura galega. Tivo unha evolución ideolóxica moi complexa, na que mantivo posturas conservadoras. No seu ensaio Teoría do nacionalismo galego (1920) expresa os fundamentos teóricos do seu galeguismo. En Mitteleuropa (1934) amosa a súa evolución cara a un pensamento radicalmente tradicionalista. Da súa produción literaria destacan Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros(1919), A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925) e a novela O porco de pé.


Obras de Vicente Risco no catálogo:
- Mitteleuropa ISBN: 978-84-7154-488-9
- Leria ISBN: 978-84-7154-730-9
- Manuel Murguía ISBN: 978-84-7154-243-4
- A trabe de ouro e outros contos ISBN: 978-84-8288-660-2
- Obra gráfica ISBN: 978-84-8288-909-2
- O porco de pé ISBN: 978-84-8288-638-1
- Tres contos marabillosos ISBN: 978-84-8288-691-6


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal