Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Xerardo AgraFoxo

Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952). É profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago e dedícase á investigación histórica, mostra do cal son os máis dos quince libros que ten publicados nesta materia, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia. Como narrador publica no ano 2003 o libro de relatos O triángulo de Oscar Wilde, un periplo narrativo por varios personaxes e autores da literatura e da arte universal, escrito desde a convicción de que a ficción pode axudar a clarexar os matices da historia real.

En 2004 consegue o Premio de Novela García Barros con Unha viaxe no Ford T. Publicou tamén en Galaxia a Biografía de María Mariño, poeta á que se lle adicou o Día das Letras Galegas do ano 2007. En 2008 publica a novela O violinista de Malá Strana.

Obras de Xerardo AgraFoxo no catálogo:
- Unha viaxe no Ford T ISBN: 978-84-8288-755-5
- Biografía de María Mariño ISBN: 978-84-8288-257-4
- O violinista de Malá Strana ISBN: 978-84-9865-138-6


Eventos relacionados:
13/03/2009 20:30
Presentación en Noia de O VIOLINISTA DE MALÁ STRANA, de Xerardo AgraFoxo
No Coliseo Noela de Noia, o venres 13 de marzo, ás 20.30 horas.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal