Orhan Pamuk
Orhan Pamuk (Istambul, 1952), é un dos máis destacados autores da literatura actual en lingua turca. A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, e publicada nun centenar de países distintos. Ten recibido numerosos galardóns internacionais, entre eles o premio France-Culture, en 1995; o premio ao mellor libro estranxeiro do New York Times, en 2004 e o premio da Paz dos libreiros alemáns en 2005. O 12 de outubro de 2006, a Academia Sueca lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en recoñecemento a toda unha traxectoria literaria así como polo seu compromiso en prol dos dereitos humáns, sendo así o primeiro turco en gañar un Premio Nobel.
Publicou a súa primeira novela en 1982, mais a súa obra comezou a ter repercusión internacional con O castelo branco (Beyaz Kale, 1985), e alcanzou a súa consagración definitiva con My name is Red (Benim Adim Kirmizi, 1998), unha novela que combina a narración de misterio, a historia de amor e a reflexión filosófica, ambientada no Istambul do século XVI, baixo o reinado do sultán Murad III.
A nova novela de Orhan Pamuk, na que o escritor aínda está a traballar, titúlase O museo da inocencia. Desenvólvese na cidade de Estambul, marco habitual das súas obras, entre 1975 e os derradeiros anos do século XX, e conta a historia de Kemal, fillo dunha das familias máis ricas da cidade, e do seu obsesivo amor secreto por unha rapaza de clase humilde e traballadora.
A novela sairá en lingua galega ao mesmo tempo que nas outras linguas europeas. Tal é o acordo asinado por Editorial Galaxia cos representantes do escritor, continuando o esforzo de incorporar ao galego títulos contemporáneos e novidades editoriais de grandes autores en todo o mundo, moi especialmente doutras literaturas de Europa.
Obras de Orhan Pamuk no catálogo:
- O castelo branco ISBN: 978-84-9865-023-5
- Istambul. As lembranzas e a cidade ISBN: 978-84-9865-144-7
- O Museo da Inocencia ISBN: 978-84-9865-185-0
- Neve ISBN: 978-84-9865-233-8
|
 |
 |
 |

 |
 |