Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor que manifestou en todo o seu quefacer unha vontade de compromiso firme co seu país.

Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador, en galego é autor dos contos Os ruíns (1935) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).

A súa figura tivo un papel central na creación das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos duros anos do franquismo. Alén diso o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos foi moi salientábel. En literatura son de subliñar as súas achegas ao estudo da lírica medieval galega e á dos Séculos Escuros; no ámbito arqueolóxico os seus traballos sobre o a prehistoria e a romanización son especialmente relevantes.

En 2008 foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Obras de Xosé María Álvarez Blázquez no catálogo:
- A pega rabilonga. Os ruíns ISBN: 978-84-9865-055-6
- Canle segredo ISBN: 978-84-9865-054-9


Eventos relacionados:
02/04/2008 20:00
Presentación de "Canle segredo" e "Vento de sal"
Na Casa do Libro de Vigo, o mércores 2 de abril, ás 20.00 horas.

21/04/2008 12:00
Inauguración da exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez"
Na Casa Galega da Cultura, Vigo, o luns 21 de abril, ás 12.00 horas.

22/04/2008 20:00
Conferencia e recital poético sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez
Na Casa Galega da Cultura, o martes 22 de abril, ás 20.00 horas.

29/04/2008 20:00
Conferencia de Sabino Torres: "Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez na colección Benito Soto"
Na Casa Galega da Cultura, o martes 29 de abril, ás 20.00 horas.

06/05/2008 20:00
Conferencia de Víctor Freixanes: "Xosé María Álvarez Blázquez, editor"
Na Casa Galega da Cultura, o martes 6 de maio, ás 20.00 horas.

20/05/2008 20:00
Conferencia de Pilar Barciela: "Xosé María Álvarez Blázquez, Arqueólogo"
Na Casa Galega da Cultura, o martes 20 de maio, ás 20.00 horas.

[09/06/2008 - 23/06/2008]
Exposición sobre Álvarez Blázquez en Pontevedra
Do 9 ao 23 de xuño, na Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Rúa Alfonso XIII, 3. Pontevedra

[15/09/2008 - 30/09/2008]
A exposición "A palabra e os días" en Ourense
No Auditorio Municipal de Ourense, do 15 ao 30 de setembro.

[03/02/2012 - 03/02/2012]
Doazón do arquivo de Xosé María Álvarez Blázquez á Fundación Penzol
Venres 3 de febreiro, ás 12:00 h, no salón de actos da Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2. Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal