 |







 |
 |
Santiago Jaureguizar
Nace en Bilbao no ano 1965. Xornalista de profesión, desenvolve a seu labor xornalístico no diario El Progreso de Lugo.No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela. É tamén narrador de ficción e narrador para mozos.
Jaureguizar (Bilbao, 1965) desenvolve o seu traballo como xornalista na sección de Cultura de El Progreso de Lugo, onde mantén unha columna dominical sobre libros. Adoita colaborar en diversas publicacións galegas e tamén o fixo noutras españolas (El País, El Mundo) e portuguesas (Revista Periférica). No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela. Como escritor de ficción publicou o libro de relatos Fridom spik(1995) e as novelas Todo a cen (1995), Comendo espaguetis diante da televisión (1998) e As horas sucias (2001). Foi Premio Lueiro Rey 2001 con Breve crónica universal da clase obreira e Premio Xerais con Casa Skylab (2003). A súa obra tamén abrangue a narrativa para os mozos e é autor da peza teatral para rapaces Estación Mir (2003).
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
 |