Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


Paul Auster

Nado en Nova Jersey en 1947, é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas, ensaios, poesía, guións e películas de cine, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar: Triloxía de Nova York, Moon Palace, Mr. Vértigo, Leviathan, The Book of Illusions e Oracle Night. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Paul Auster (Newark, Nova Iersey, 1947), novelista e poeta estadounidense. Estudou na Universidade de Columbia e despois de traballar nun petroleiro durante un ano foi vivir a Francia catro anos. Volveu a Nova Iork no 1974. Comezou a súa carreira literaria escribindo poesía e ensaios nas revistas New York Review of Books e Harper's Saturday Review. En 1987 gañou os eloxios da crítica polo seu libro de contos Triloxía de Nova York. Logo cultivou a novela: O país das últimas cousas publicouse en 1988, O palacio da lúa en 1989 e A música do azar en 1991, esta última levada ao cine en 1993 polo director Philip Haas, Leviathan (1992), Mr Vertigo (1994), e as máis recentes The Book of Illusions (2002), Oracle Night (2004) e The Brooklyn Follies.

A súa ficción caracterízase por unha desconcertante mestura de realismo e fantasía, do normal e o incrible, que sorprende ao lector e confunde as súas expectativas. Tamén escribiu unha obra autobiográfica, A invención da soidade, e un libro de poemas e ensaios, Cimentos (1990). En 1993 publicou O caderno vermello, en 1994 colaborou co director Wayne Wang no guión das películas Smoke e a súa continuación, Blue in the face, baseadas en relatos seus. Auster, director de Lulu on the Bridge (1998), e codirector con Wayne Wang de Blue in the Face (1995), presenta en 2007 a película, escrita e dirixida por el, The inner life of Martin Frost.

 
EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal