Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


Hans Christian Andersen

Nace en Dinamarca en 1805 e morre 70 anos despois. Grandísimo escritor de contos para nenos foi un neno pobre e abandonado, quizais por ese motivo dedicou o resto da súa vida ás fantasías dos nenos.

Andersen (1805-1875), nado o 2 de abril de 1805 en Dinamarca, ao norte de Europa, é un dos escritores de contos de fadas para nenos máis coñecidos. Naceu en Odense e viviu unha infancia de pobreza e abandono, criado no taller de zapateiro do pai. Aos 14 anos fugouse a Copenhague. Traballou para Jonas Collin, director do Teatro Real, quen lle pagou os seus estudos.

Aínda que desde 1822 publicou poesía e obras de teatro, o seu primeiro éxito foi Un paseo desde el canal de Holmen a la punta Este de la isla de Amager, no ano 1828. A súa primeira novela, El improvisador, o Vida en Italia (1835), foi ben recibida pola crítica. Viaxou por Europa, Asia e África e escribiu moitas obras de teatro, novelas e libros de viaxes. Un día de 1844 escribiu: "Hace veinticinco años llegué con mi atadito de ropa a Copenhague, un muchacho desconocido y pobre: y hoy tomé chocolate con la Reina."Pero son os seus máis de 150 contos infantiles os que o levaron a ser recoñecido coma un dos grandes autores da literatura universal.

Usou un estilo para un lector infantil, cunha linguaxe cotiá e inzado de expresións, sentimentos e ideas propios dos nenos.

 
EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal