
xoves 8 de outubro 2009
Escritores na Universidade
[08/10/2009 12:00]
Xoves 8 de outubro, ás 12.00 h, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
A AELG organiza esta mesa redonda titulada "O poeta en tempos de penuria". Participan Antonio García Teijeiro, Elvira Riveiro Tobío e Luís González Tosar. Modera Francisco Castro.
Sinatura de Benigno Campos en El Corte Inglés de Vigo
[08/10/2009 19:00]
Xoves 8 de outubro, a partir das 19.00 h.
Benigno Campos estará en El Corte Inglés de Vigo asinando exemplares do seu libro de receitas A cociña de Larpeiros.
Autores relacionados
Campos, Benigno
Libros relacionados
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
Miguel Barros presenta RAMÓN PIÑEIRO E A REVISIÓN DO NACIONALISMO
[08/10/2009 20:00]
Xoves 8 de outubro, ás 20.00 h, na Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela
O acto contará coa participación de Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, Justo Beramendi, Ramón Máiz e o autor, Miguel Barros.
Autores relacionados
Barros, Miguel
Libros relacionados
Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo
A exposición RAMÓN PIÑEIRO. OLLADAS NO FUTURO en Vigo
[11/09/2009 - 01/11/2009]
Ata o domingo 1 de novembro no Verbum-Casa das Palabras. Vigo
Esta exposición sobre a vida e a obra de Ramón Piñeiro permanecerá aberta ata o domingo 1 de novembro, no seguinte horario:
- De martes a domingo, 10 a 19:00 horas.
Luns pechado.
A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA en Lugo
[01/10/2009 - 29/10/2009]
Biblioteca Pública Nodal. Avda. Ramón Ferreiro, s/n. Lugo
Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, permanecerá aberta en Lugo ata o día 29 de outubro no seguinte horario:
- De luns a venres, de 9:00 a 21:00 h.
- Sábados, de 10:00 a 14:00 h.
Exposición MUSICONTOS: O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL
[16/09/2009 - 31/10/2009]
Do 15 de setembro ao 31 de outubro, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia.
A mostra consiste na exposición da obra orixinal de Rodrigo Chao para o libro de Xosé A. Neira Cruz que editou Galaxia dentro da colección Musicontos, con música interpretada pola Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave a partir da música de La Cenerentola de Gioachino Rossini e a narración da actriz de dobraxe Teresa Santamaría.
Horario de visitas:
Luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas
Sábados, de 11 a 14 horas
Visitas escolares:
Martes e Xoves polas mañás
Libros relacionados
O prodixio dos zapatos de cristal
|
|