
martes 3 de novembro 2009
Xurxo Borrazás no Club de Lectura Sete Vidas
[03/11/2009 20:00]
Martes 3 de novembro, ás 20.00 h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a sesión de novembro do Club de Lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura. A sesión xirará arredor da novela Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008) e contará coa presenza do autor, Xurxo Borrazás.
Autores relacionados
Borrazás, Xurxo
Libros relacionados
Costa Norte/ZFK
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS no Grove
[11/10/2009 - 03/11/2009]
Na Casa da Cultura Lueiro Rei. O Grove
Esta exposición sobre a vida e a obra de Ramón Cabanillas, comisariada por Luís Rei e organizada por Galaxia, pódese visitar ata o 3 de novembro no seguinte horario:
- De luns a venres, de 8:30 a 21:30 h.
- Sábados, de 9 a 14:00 h.
Autores relacionados
Rei, Luís
Libros relacionados
Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades
A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA en Foz
[02/11/2009 - 30/11/2009]
Na Oficina de Turismo. Rúa de Lugo, 2. Foz
Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, permanecerá aberta na Oficina de Turismo de Foz ata o día 30 de novembro no seguinte horario:
- De luns a venres, de 9 a 15:00 h.
- Sábados: de 10:00 a 14:00 h.
Domingos pechado
|
|