Madame Bovary
Flaubert, Gustave
A historia dunha muller que rompe coas convencións impostas polo seu mundo e o seu tempo. A crónica minuciosa do seu fracaso e da súa soidade. Unha obra mestra da literatura universal.
Madame Bovary é a novela máis ambiciosa de Flaubert. Protagoniza este cativador relato Emma Bovary, unha fermosa muller de temperamento inquedo e soñador, insatisfeita coa vida de rutina provinciana que lle brinda a súa voda cun médico de carácter bondadoso e espírito prosaico. Atrapada pola saudade dun vivir que concibe como unha perpetua primavera, Madame Bovary vaise adentrar no camiño da transgresión das regras morais da súa época, enfrontándose co desprezo da sociedade e coa súa propia perdición individual.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Literaria
|
 |
| 368 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 22.40 € |
 |
| ISBN: 978-84-7154-900-6 |
 |
| Data publicación: abril 1994 |
 |
| 1ª Edición |
 |
| Tradución de Antonio Pichel |
|
|
 |
Outros libros de Literaria
- Anterior: Miss Ourense
- Seguinte: O acomodador e outras narracións
Outros libros de Flaubert, Gustave
- Seguinte: Tres contos
 |
 |