Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

O vello e o mar
Hemingway, Ernest



Unha vez máis publícase na Colección Literaria da Editorial Galaxia un clásico da literatura universal. Despois de grandes escritores como Stendhal, Manzoni, Balzac, trátase esta vez do americano Hemingway, galardoado co Premio Nobel en 1954.

Un ano antes do centenario do seu nacemento, sae á luz, con O vello e o mar, o primeiro libro traducido ao galego dese representante da lost generation. É unha desas narracións das que só hai poucas en toda a historia da literatura, as que deixan un pouso na alma do lector grazas á súa estraña conxunción de sinxeleza e forza expresiva. Plasma a loita solitaria dun vello pescador coa natureza, unha loita existencial e sen reservas, que roza os fondos do ser humano. Este relato do escritor que buscaba na súa literatura escribir "frases verdadeiras" chega aos lectores galegos na excelente tradución de Carlos Casares.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
116 páx.
Rústica
PVP: 10.10 €
ISBN: 978-84-8288-235-2
Data publicación: setembro 1998
1ª Edición
Tradución de Carlos Casares


 

Outros libros de Literaria
- Anterior:
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal