Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

A noite da aurora
Gonsar, Camilo

Un fascinante paseo pola vida nunha viaxe que comeza en Islandia e continúa na mente do lector logo de rematado o relato.

Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación da Galicia interior, na que se reúnen tres amigos para illarse da mediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predecible. Lor, o protagonista da novela, é un galego que sendo mozo abandona a vila natal para dedicarse a percorrer o mundo. A noite da aurora cóntanos as razóns que o obrigan a escoller unha vida errática, de aventureiro, no canto de aceptar unha existencia doada e sen riscos.

A potencia evocadora da prosa de Camilo Gonsar, o seu domino do diálogo e a perspicacia das súas intuicións compleméntanse cun marabilloso retrato dos personaxes no marco da capital de Islandia, cidade que se describe cunha sinxeleza plástica abraiante. Novela sobre o desarraigo, esta é a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciado e dunha decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre o destino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
212 páx.
Rústica
PVP: 16.40 €
ISBN: 978-84-8288-644-2
Data publicación: novembro 2003
1ª Edición


Ligazóns relacionadas:
-
 

Outros libros de Literaria
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Gonsar, Camilo
- Anterior:
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal