Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

Como calquera outro día
Gonsar, Camilo

Galaxia recupera no ano 2005 a primeira novela de Camilo Gonsar, publicada por esta editorial no ano 1962: Como calquera outro día. Unha nova edición revisada e corrixida polo propio autor.

A novela que se recupera no 2005 na colección literaria amosa algún dos trazos definitorios que a obra que Camilo Gonsar publicaría posteriormente. Unha primeira novela dunha madureza abraiante, que conta o deambular dun estudante galego polas rúas de Madrid nos prieiros meses do ano 1959, itinerancia na que se insiren interferencias do seu pasado, lembranzas que xorden na memoria do protagonista e serven para acentuar a dimensión temporal, na que o autor quere salientar a importancia que cada día da vida ten valor de seu.

Andar dialogar e pensar son os tres eixos dunha narración que prefigura a orixinalidade e singularidade que acada a obra literaria de Gonsar no contexto da narrativa galega contemporánea. A novela xorde das coincidencias, das encrucilladas no espacio e no tempo, dos cuzamentos de vidas nunha narración dialogada, escrita sen srestas, e que expón un relato que ilumina pouco a pouco os matices dalgúns dos enigmas da existencia.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
236 páx.
Rústica con lapelas.
PVP: 16.30 €
ISBN: 978-84-8288-853-8
Data publicación: decembro 2005
2ª Edición


 

Outros libros de Literaria
- Seguinte:

Outros libros de Gonsar, Camilo
- Anterior:
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal