Brooklyn Follies
Auster, Paul
O autor da Triloxía de Nova York, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez, humor e axilidade narrativa.
Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.
Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.
Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.
Unha novela que explora as encrucilladas da vida, os puntos de inflexión nos que aínda é posible recuperar a liberdade e desmentir o destino.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Literaria
|
 |
| 332 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 18.90 € |
 |
| ISBN: 978-84-8288-900-9 |
 |
| Data publicación: setembro 2006 |
 |
| 2ª Edición |
 |
| Tradución de Eva Almazán |
|
|
 |
Outros libros de Literaria
- Anterior: Breixo
- Seguinte: Cabaret Voltaire
Outros libros de Auster, Paul
- Seguinte: Viaxes no scriptorium
Recomendacho ...
- Pilar Casas Gil
Eventos relacionados:
04/05/2006 20:00 Galaxia organiza un debate arredor da tradución en Galicia. O día 4 de maio de 2006 Editorial Galaxia organiza na Feira do libro en Compostela unha Mesa Redonda arredor da tradución en Galicia.
Nos últimos meses Galaxia ven de editar títulos como Brooklyn Follies,
 |
 |