Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Axenda
Accionistas




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

Ollos de auga
Villar, Domingo



A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.

Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.

Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
248 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 16.50 €
ISBN: 978-84-8288-927-6
Data publicación: novembro 2014
1ª Edición
12ª impresión

1ª edición 1ª impresión, 2006




Ligazóns relacionadas:
-
 

Outros libros de Literaria
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Villar, Domingo
- Seguinte:


Recomendacho ...
-

Eventos relacionados:
[26/03/2007 - 29/03/2007]
Encontro cos lectores de Domingo Villar


[31/03/2008 - 04/04/2008]
Domingo Villar conversa cos seus lectores
En centros de ensino dos concellos de Monforte, A Rúa, Santiago, Riveira, Porto do Son, Teo, Vigo, Moaña, Pontevedra e Salceda, na semana do 31 de marzo.

15/01/2009 20:00
Conferencia de Domingo Villar: "Escribir novela negra"
Na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, Vigo, o xoves 15 de xaneiro, ás 20.00 horas.

10/06/2009 19:00
Sinatura de Domingo Villar na Casa do Libro de Vigo
Mércores 10 de xuño, ás 19.00 horas.

16/07/2009 20:00
Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo
Xoves 16 de xullo, a partir das 20 h.

19/08/2009 20:00
Sinatura de Domingo Villar en Sanxenxo
Mércores 19 de agosto, a partir das 20.00 h, na Librería Nós de Sanxenxo

30/06/2010 20:00
Domingo Villar no Imaxina Sons 2010
Mércores 30 de xuño, ás 20:00 h, no salón de actos do MARCO. Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal