Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Axenda
Accionistas




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

A praia dos afogados
Villar, Domingo



Finalista do International Dagger Prize 2011
Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra


Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
512 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 19.90 €
ISBN: 978-84-9865-180-5
Data publicación: novembro 2014
1ª Edición
6ª impresión

1ª edición, abril 2009


Ligazóns relacionadas:
-
 

Outros libros de Literaria
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Villar, Domingo
- Anterior:


Recomendacho ...
-

Eventos relacionados:
09/06/2009 19:30
Sinatura de DOMINGO VILLAR na Fnac
Martes 9 de xuño, ás 19.30 h, na FNAC. Praza de Lugo, A Coruña

10/06/2009 19:00
Sinatura de Domingo Villar na Casa do Libro de Vigo
Mércores 10 de xuño, ás 19.00 horas.

16/07/2009 20:00
Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo
Xoves 16 de xullo, a partir das 20 h.

19/08/2009 20:00
Sinatura de Domingo Villar en Sanxenxo
Mércores 19 de agosto, a partir das 20.00 h, na Librería Nós de Sanxenxo

24/11/2009 20:30
Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán
Martes 24 de novembro, ás 20.30 h, na Casa do Concello. Nigrán

23/11/2009 10:00
Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS
Luns 23 de novembro, ás 10.00 h, en Nigrán

[12/04/2010 - 16/04/2010]
Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS
Do 12 ao 16 de abril.

[22/04/2010 - 23/04/2010]
Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS
Xoves 22 e venres 23 de abril, en Nigrán

29/04/2010 11:00
Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS
Xoves 29 de abril, en Nigrán

01/06/2010 20:00
Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS
Martes 1 de xuño, a partir das 20.00 h.

12/06/2010 13:00
Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar
Sábado 12 de xuño, no Pazo de Moldes

30/06/2010 20:00
Domingo Villar no Imaxina Sons 2010
Mércores 30 de xuño, ás 20:00 h, no salón de actos do MARCO. Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal