Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

Laura no deserto
Riveiro Coello, Antón
Premio da Crítica Española 2011 de narrativa en lingua galega
Premio AELG 2012 de narrativa




Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade.

A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria.

Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
732 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 28.00 €
ISBN: 978-84-9865-395-3
Data publicación: xaneiro 2013
1ª Edición
3ª impresión


 

Outros libros de Literaria
- Seguinte:

Outros libros de Riveiro Coello, Antón
- Anterior:



Novas relacionadas:
- [18/01/2013]
- [05/03/2013]
- [02/05/2013]

Recomendacho ...
-

Eventos relacionados:
[04/12/2011 - 04/12/2011]
CULTURGAL 2011
Do 2 ao 4 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra

21/01/2012 20:00
Presentación en Allariz de LAURA NO DESERTO
Sábado 21 de xaneiro, ás 20 h, na libraría Aira das Letras

24/02/2012 20:30
Presentación de LAURA NO DESERTO
Venres 24 de febreiro, ás 20:30 h, no salón de actos do Liceo d’A Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27)

07/03/2012 20:00
Presentación en Vigo de LAURA NO DESERTO
Mércores 7 de marzo, ás 20 h, na Casa do Libro de Vigo

15/03/2012 20:00
Presentación en Gondomar de LAURA NO DESERTO
Xoves 15 de marzo, ás 20 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM). Avda. da Feira, 10 baixo. Gondomar

22/03/2012 20:00
Presentación de LAURA NO DESERTO en Ourense
Xoves 22 de marzo, ás 20 h, no Liceo de Ourense. Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5

02/10/2012 20:00
LAURA NO DESERTO
Martes 2 de outubro, ás 20 h, na Biblioteca Municipal de Gondomar

18/01/2013 20:00
Presentación de LAURA NO DESERTO en Pontevedra
Venres 18 de xaneiro ás 20,00 horas na Casa das Campás


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal