Música de cinza
Forcadela, Manuel
Lonxe dos criterios que separan a prosa da poesía, en Música de cinza tamén se contan historias, evócase o vivido, o perdido, o que xa non é, para que, dese xeito, regrese.
Poesía de raíz dionisíaca, discurso rítmico e escuro, a palabra de Manuel Forcadela arrinca do tempo, da caducidade, do devir imparable que nos dá sentido e que nos forma, esa cinza que nos fala de antigos fulgores, de lumes que xa arderon. Mais o poemario tamén se elabora a partir do aforismo de intención filosófica e a partir da función do azar na construción da beleza.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Dombate (Poesía)
|
 |
| 110 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 12.00 € |
 |
| ISBN: 978-84-9865-119-5 |
 |
| Data publicación: setembro 2008 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Dombate (Poesía)
- Seguinte: Informe da gavilla
Outros libros de Forcadela, Manuel
- Anterior: A procura do falso Grial
- Seguinte: A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro
Eventos relacionados:
02/04/2009 20:00 Lectura de poemas de "Música de cinza" en Vigo Xoves 2 de abril, ás 20.00 horas, no Salón de Actos da Escola Municipal de Artes e Oficios. García Barbón, 5, Vigo.
 |
 |