A cociña do Merlín
Vila Pernas, Miguel
Un libro que descobre un mundo de sabores e recendos agochados nas páxinas do Merlín e familia de Cunqueiro.
A comezos do 2006 recibe o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.
Esta proposta de Guías Galaxia é unha viaxe especial: a do percorrido polas páxinas de Merlín e familia. É a busca dos pratos que gorentan, cociñan e comen os personaxes de Cunqueiro.
Sabores e recendos que nos trasladan á máis rica tradición culinario popular, desde o caldo de castañas dos devanceiros ao cabazote, da orella de porco e os torresmos ás chanfainas ou chourizos de pulmón, das esfarangulladas e freces ás exquisitas colineta e merengada. A literatura faise cómplice dos sentidos, o pracer da cociña vólvese vencellar ao gusto de contar historias.
Podes visitar a páxina web do autor en www.colineta.com
Outras edicións:
- ISBN: . Rústica. 2006, 1ª Edición. PVP: 12.00 €
|