Obra completa
Pimentel, Luís
Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.
A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada.
A estes títulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Obras completas
|
 |
| 520 páx. |
 |
| Capa dura |
 |
| PVP: 29.50 € |
 |
| ISBN: 978-84-9865-234-5 |
 |
| Data publicación: novembro 2009 |
 |
| 1ª Edición |
 |
| Edición e introdución de Araceli Herrero Figueroa |
|
|
 |
Outros libros de Obras completas
- Seguinte: Escolma de poemas
Outros libros de Pimentel, Luís
- Anterior: Sombra do aire na herba
Novas relacionadas:
- Luís Pimentel volveu a Lugo [16/06/2010]
Eventos relacionados:
11/03/2010 20:00 Presentación en Lugo da OBRA COMPLETA DE LUIS PIMENTEL Xoves 11 de marzo, ás 20.00 h, na Galería Sargadelos. Praza de Santo Domingo, 4. Lugo
 |
 |