Estúrdiga materia
González Tosar, Luís
Un novo poemario de Luís González Tosar, con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín e ilustracións de Manuel Quintana Martelo.
[...] escribo a eito, en remuíño, sobre Luís González Tosar, que é un poeta que traspasa, con esta súa Estúrdiga materia, a plenitude e a madurez. Fágoo desde o punto de vista daquel que o viu nacer como escritor, que o viu medrar e se converter no home grande que é. Isto quere decer que, mais ca nunca na miña vida, estou a producir un texto discursivo no que experimento o certo da velleza. De por parte, escríboo na Underwood que mercara meu pai en 1919 e na que el lle facía as crónicas de Vilanova dos Infantes á Zarpa de Blanco Torres e don Basilio. E todo canxa ben porque o Tempo nos leva coma o río de Díaz Castro, todo en lapas... Diciamos plenitude, sabedoría, cume: este libro de Luís González Tosar arrastra por popa toda a literatura galega e parte da feita noutras linguas que o autor frecuenta. Nesta tradición e diálogo de culturas Estúrdiga materia é unha lección maxistral que ha perdurar alén da nosa morte.
Do limiar de Estúrdiga materia, Xosé Luís Méndez Ferrín
|
 |

|
 |
Outros libros de Libros singulares e fóra de colección
- Seguinte: Guía das coleccións bibliograficas e documentais da Fundación Penzol
Outros libros de González Tosar, Luís
- Anterior: Remol das travesías
Eventos relacionados:
16/07/2008 20:00 Presentación do poemario "Estúrdiga materia" Na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, Vigo, o mércores 16 de xullo, ás 20.00 horas.
22/07/2008 12:00 Presentación en Ourense de "Estúrdiga materia" Na Deputación de Ourense, o martes 22 de xullo, ás 12.00 horas.
19/07/2008 20:00 Presentación de "Estúrdiga materia" en Noia Na Feira do Libro de Noia, o sábado 19 de xullo, ás 20.00 horas.
04/08/2008 21:00 Presentación de "Estúrdiga materia" na Feira da Coruña O luns 4 de agosto, ás 21.00 horas.
11/09/2008 19:00 Recital do poemario "Estúrdiga materia" No Consello da Cultura Galega, o xoves 11 de setembro, ás 19.00 horas.
 |
 |