Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Lembranzas e reflexións)
Petitfaux, Dominique
Entrevistas con Dominique Petitfaux
O home que creou a lenda do Corto Maltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempo antes da súa morte, explora os misterios da súa vida...
Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois e turcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta á vida en Etiopía, onde descobre o fascismo e o amor, e onde tamén aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires, cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e as extravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde As de picas a Corto Maltés, personaxe no que tamén se inspirou para escribir a novela Corto Maltés. Balada do mar salgado. Na busca de aventuras, dá varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe é interior. Experto na Cábala, iniciado no vodú, descubridor do alleo en seis ou sete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados, Hugo Pratt é o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro a carón das súas irmás negras, as súas curmás indias, as súas mulleres, os seus personaxes, os seus amigos e a morte...
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Libros singulares e fóra de colección
|
 |
| 244 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 32.50 € |
 |
| ISBN: 978-84-9865-157-7 |
 |
| Data publicación: febreiro 2009 |
 |
| 1ª Edición |
 |
| Tradución de Ánxela Gracián |
|
|
 |
Outros libros de Libros singulares e fóra de colección
- Seguinte: Guía das coleccións bibliograficas e documentais da Fundación Penzol
 |
 |