Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « CRÍTICA, MANUAIS E PENSAMENTO « Biblioteca de teatro. Grandes manuais

Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario
Vieites, Manuel F.



O presente volume analiza as achegas de Manuel Lugrís Freire no contexto de transformación e formulación de proxectos para a construción ou reconstrución da vida escénica, nun momento en que o sistema teatral en toda Europa estaba sometido a fondos cambios e verdadeiras revolucións.

Mais a análise non se limita ao estudo do contexto dramático e teatral, en Galicia ou en Europa, tamén se propón unha lectura en clave actual dos textos de Lugrís. Faise o camiño que leva da páxina impresa ao escenario, que se concreta na creación de espectáculos, analizando os procesos que facilitan que en calquera tempo e lugar un grupo de persoas poidan crear un espectáculo, finalidade para a que os textos de Lugrís, hoxe coma onte, poden ser un excelente pretexto.

Elaborado desde a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, o volume tamén quere ser unha homenaxe desa institución á figura de Lugrís Freire e unha defensa da nosa memoria histórica no campo dramático e teatral.




Editorial: Galaxia
Colección: Biblioteca de teatro. Grandes manuais
294 páx.
Cartoné
PVP: 31.00 €
ISBN: 978-84-8288-922-1
Data publicación: xullo 2006
1ª Edición




 

Outros libros de Biblioteca de teatro. Grandes manuais
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Vieites, Manuel F.
- Anterior:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal