A voz do lago
Riveiro Coello, Antón
No mes de setembro de 1927 María Mariño e mais a súa familia deixan a rúa Cega de Noia para se mudaren ao lugar de Escarabote (Boiro), preto do pazo de Goiáns. A partir deste feito da biografía da poeta, esta novela tece historia, lenda e imaxinación.
En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Árbore a partir de 12 anos
|
 |
| 112 páx. |
 |
| Rústica |
 |
| PVP: 9.10 € |
 |
| ISBN: 978-84-8288-712-8 |
 |
| Data publicación: decembro 2007 |
 |
| 2ª Edición |
 |
| Ilustracións de Rodrigo Chao |
|
|
 |
Outros libros de Árbore a partir de 12 anos
- Seguinte: O principiño
Outros libros de Riveiro Coello, Antón
- Anterior: As rulas de Bakunin
Eventos relacionados:
20/04/2007 20:00 Presentación en Rianxo de "A voz do lago" Na Casa da Cultura, Praza de Castelao, ás 20.00 horas.
 |
 |