Accidental
Darriba, Manuel
Un personaxe que descoñece a súa identidade, desnortado e sen memoria, busca as razóns da súa existencia.
A historia, cargada de ironía sutil e episodios sorprendentes, desenvólvese nunha vila onde a vida semella condicionada pola organización de voluntarios de Protección Civil e onde ao protagonista todo lle parece inexplicable e mesmo absurdo. Accidental explora as trampas e servidumes da identidade, a aceptación do poder, a submisión e a súa expresión na degradación da memoria colectiva. Cun discurso narrativo no ronsel de Kafka non só no que ten de absurdo, senón tamén nos seus espasmos humorísticos, Darriba revélanos o seu orixinal e heterodoxo universo narrativo no que se refuxia toda a inquedanza e a anguria dos tempos de hoxe.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Illa Nova
|
 |
| 116 páx. |
 |
| Rústica |
 |
|
PVP:
10.50 €
|
 |
| ISBN: 978-84-8288-604-6 |
 |
| Data publicación: maio 2003 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Illa Nova
- Anterior: Alusión
- Seguinte: Por conto alleo
Outros libros de Darriba, Manuel
- Seguinte: Experimentos coa mentira
 |
 |