Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Illa Nova

Os ciclos do bambú
Queipo, Xavier



Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade.

Cada libro de Xavier Queipo é unha nova aventura, un percorrido por mundos e paisaxes sorprendentes, tamén unha exploración do que se agocha nos adentros do ser humano.
A presenza de Asia na narrativa de Queipo xa tivera moi boa acollida por parte dos lectores e lectoras, ao xurdir en libros como Ringside e a novela Malaria sentimental. Nunca ata o de agora o escritor dedicara un libro a percorrer distintos ámbitos das culturas asiáticas, recreando e experimentando cos xeitos de narrar as historias do continente ou utilizando o senso do humor e o xogo textual como fai en Os ciclos do bambú.




Editorial: Galaxia
Colección: Illa Nova
128 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 9.50 €
ISBN: 978-84-8288-748-7
Data publicación: novembro 2004
1ª Edición




 

Outros libros de Illa Nova
- Anterior:

Outros libros de Queipo, Xavier
- Seguinte:


Eventos relacionados:
20/06/2010 12:30
Sinatura de Xavier Queipo no LITVI 2010
Domingo 20 de xuño, ás 12:30 h, na Alameda de Santiago de Compostela


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal