A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973
Blanco Amor, Eduardo
A OBRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR. Segundo deixou escrito o propio Blanco Amor, o seu arquivo fotográfico supera a cifra de 3.000 negativos. Galaxia recupera a obra fotográfica do autor da Esmorga coa publicación de A ollada do desexo, volume no que se inclúe unha selección de case 200 fotos, retratos, autorretratos, composicións paisaxísticas, vistas e fotos documentais.
Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo.
O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade.
Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Biblioteca Blanco Amor
|
 |
| 204 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 28.10 € |
 |
| ISBN: 978-84-8288-735-7 |
 |
| Data publicación: xaneiro 2005 |
 |
| 2ª Edición reimpresión |
 |
Limiar e edición de Carlos Lema
Epílogo de Margarita Ledo |
|
|
 |
Outros libros de Biblioteca Blanco Amor
- Seguinte: Os biosbardos
Outros libros de Blanco Amor, Eduardo
- Anterior: Chile a la vista
- Seguinte: A esmorga
Eventos relacionados:
[06/06/2008 - 06/06/2008] A exposición "A ollada do desexo" en Brión Na Casa da Cultura de Brión, do 6 ao 30 de xuño.
[07/06/2008 - 30/06/2008] A exposición "A ollada do desexo" en Brión Na Casa da Cultura de Brión, do 6 ao 30 de xuño.
[13/01/2009 - 15/03/2009] A exposición "A ollada do desexo" na Casa das Palabras de Vigo No Verbum-Casa das Palabras, Vigo
09/02/2010 20:30 Inauguración en Poio da exposición A OLLADA DO DESEXO Martes 9 de febreiro, ás 20.30 h, no Casal de Ferreirós. Avda de Andurique, 43. San Salvador de Poio
[10/02/2010 - 03/03/2010] A exposición A OLLADA DO DESEXO en Poio Casal de Ferreirós. Avda de Andurique, 43. San Salvador de Poio
 |
 |