Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCIÓN « Reportaxe

Fermín Penzol. Unha obra para un país
VV.AA.,
María Dolores Cabrera
Henrique Monteagudo (eds.)




Este volume ofrece unha pluralidade de perspectivas sobre a personalidade de Fermín Penzol e sobre a significación do seu legado.

Tal como el mesmo con certeza desexaba, a memoria de Fermín Penzol (1901-1981) está indisolublemente vencellada á Biblioteca e á Fundación que levan o seu nome, e que en 1963 deixou como perenne legado á cidade de Vigo e ao pobo galego.

Unha personalidade definida polos trazos felizmente conxugados do galeguismo a toda proba, bibliofilia tan experta canto apaixonada, e unha abraiante xenerosidade, á altura do seu amor polo país galego, o seu idioma e a súa cultura. Un legado bibliográfico e documental que constituíu un firme alicerce para o desenvolvemento duns saberes galegos emancipados, especialmente no campo das humanidades.




Editorial: Galaxia
Colección: Reportaxe
180 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 20.00 €
ISBN: 978-84-9865-312-0
Data publicación: abril 2013
1ª Edición
2ª impresión
Coedición coa Fundación Penzol


 

Outros libros de Reportaxe
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de VV.AA.,
- Anterior:
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal