Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCIÓN « Reportaxe

Berrogüetto. O pulso da terra
Neira, Fernando



A primeira biografía de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVD

O 1 de xullo de 1995 unha nova formación, de estraño nome e son irresistible, abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenas un par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terra é a primeira biografía da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas.

A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a autoxestión ou a democracia asemblearia.

O libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.




Editorial: Galaxia
Colección: Reportaxe
192 páx.
Capa dura
PVP: 25.00 €
ISBN: 978-84-9865-393-9
Data publicación: novembro 2011
1ª Edición
Limiar de Manuel Rivas


 

Outros libros de Reportaxe
- Anterior:
- Seguinte:



Novas relacionadas:
- [05/11/2012]

Eventos relacionados:
18/11/2011 20:00
Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA na Casa do Libro de Vigo
Venres 18 de novembro, ás 20:00 h

30/11/2011 20:00
Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA na Fnac
Mércores 30 de novembro, ás 20:00 h, no Fórum da FNAC. A Coruña

03/12/2011 12:00
CULTURGAL 2011
Do 2 ao 4 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra

02/08/2012 20:00
Conversa con Berrogüetto
Xoves 2 de agosto, ás 20 h, na Feira do Libro da Coruña


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal