Á lus do candil
Fole, Anxel
A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular.
A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana.
Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias.
Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Biblioteca Ánxel Fole
|
 |
| 168 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
14.20 €
|
 |
| ISBN: 978-84-8288-753-1 |
 |
| Data publicación: febreiro 2010 |
 |
| 3ª Edición reimpresión |
 |
1ª edición, 1953
1ª edición en Biblioteca Ánxel Fole, 2004 |
|
|
 |
Outros libros de Biblioteca Ánxel Fole
- Anterior: Contos da néboa
Outros libros de Fole, Anxel
- Anterior: Terra brava
Novas relacionadas:
- Á lus da Esmorga [05/03/2013]
Recomendacho ...
- César Lorenzo Gil
 |
 |