Lendas galegas de tradición oral
González Reboredo, Xosé Manuel
A literatura oral, a enorme e riquísima tradición popular galega, recóllese nesta antoloxía das Lendas galegas de tradición oral. Unha recompilación ampla e representativa na que cada unha das manifestacións da imaxinación, desde as historias dos mouros ás cidades asolagadas, pasando polas lendas de tesouros, lobos e lobishomes, chega aos lectores e lectoras con toda a súa fantasía. As vellas historias de sempre, contadas co mesmo pulo narrativo que fascina xeración tras xeración.
Estas historias son tomadas do pobo, referidas a mouros, encantamentos, tesouros e cidades asolagadas. A súa riqueza é ben representativa do mundo rural tradicional. Estas lendas non piden do lector un enfoque meramente literario, senón que deben ser apreciadas como a expresión simbólica dunha cosmovisión fraguada ó longo dos séculos.
Xosé Manuel González Reboredo (Lugo, 1946) desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da etnografía e a antropoloxía cultural. Discípulo de Fermín Bouza Brey, está vencellado ao Museo do Pobo Galego e á sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Foi o coordenador da obra Galicia Antropoloxía (1997) e autor da Guía de festas populares de Galicia e da biografía Vida e obra de Xaquín Lorenzo (2004).
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Antoloxías
|
 |
| 208 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
14.00 €
|
 |
| ISBN: 978-84-8288-917-7 |
 |
| Data publicación: abril 2010 |
 |
| 10ª Edición reedición |
 |
1ª edición, 1983
1ª edición na colección Literaria, 1995 |
Boletín de novidades
|
|
 |
Outros libros de Antoloxías
Outros libros de González Reboredo, Xosé Manuel
- Anterior: Leyendas gallegas
 |
 |