Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


Nocturnos
Ishiguro, Kazuo



Un excepcional libro de relatos escritos co pano de fondo do luscofusco e o resón de melodías musicais memorables.

Kazuo Ishiguro propón a lectores e lectoras un libro de relatos escritos seguindo o leit motiv da música. Un quinteto narrativo que desenvolve, en diferentes rexistros e sonoridades, un tema obsesivo: como manter acesa certa concepción romántica da vida mesmo cando, cos anos, as ilusións da mocidade desaparecen. Nocturnos, publicado en inglés en 2009, foi saudado moi favorablemente por críticos anglosaxóns do prestixio de Frank Kermode.

Ishiguro explora neste libro as atomosferas creadas ao son de pezas musicais, nestes cinco relatos debuxa as relacións entre o amor, o paso do tempo e a música. Os seus personaxes son mozos soñadores, músicos de café e estrelas do espectáculo en decadencia, homes e mulleres en busca das ilusións perdidas e todos eles mergullados no ambiente creado pola música e a luz do serán.




Editorial: Galaxia
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
216 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 17.00 €
ISBN: 978-84-9865-282-6
Data publicación: abril 2010
1ª Edición
Tradución de María Alonso Seisdedos


 

Outros libros de Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Ishiguro, Kazuo
- Anterior:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal