O debut de Martino Porconi
Neira Cruz, Xosé Antonio
Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009
Editorial Galaxia publica O debut de Martino Porconi, recreación do conto tradicional de Os tres porquiños a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O prodixio dos zapatos de cristal a editorial inicia unha nova colección, Árbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical (Shostakovich e Britten) e da voz do actor de dobraxe Francisco M. Barreiro.
Literatura e música danse a man neste musiconto (libro+CD) ilustrado por Federico Fernández, de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia.
Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar aquelas partes das músicas de Shostakovich e Britten que servirían para ambientar o conto nesta nova versión, un chisco irreverente, pero que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos.
Neste musiconto, retomamos a historia dos tres porquiños pero desde unha actitude nova: o lobo é un tenor de grande talento, e o porquiño máis pequecho ten o corazón entregado ao bel canto. Xosé A. Neira Cruz ofrécenos unha chiscadela literaria que, bebendo na fonte do conto tradicional, lévao cara territorios novos e moito máis divertidos.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Árbore Musicontos
|
 |
| 44 páx. |
 |
| Cartoné |
 |
| PVP: 27.00 € |
 |
| ISBN: 978-84-9865-139-3 |
 |
| Data publicación: decembro 2008 |
 |
| 1ª Edición |
 |
Ilustracións de Federico Fernández
Inclúe CD |
|
|
 |
Outros libros de Árbore Musicontos
Outros libros de Neira Cruz, Xosé Antonio
- Anterior: O armiño dorme
- Seguinte: O prodixio dos zapatos de cristal
Novas relacionadas:
- 'Musicontos' para o Día Europeo da Música [28/07/2010]
Eventos relacionados:
28/02/2009 12:00 Presentación dos MUSICONTOS na Fnac Sábado 28 de febreiro, ás 12.00 h, na Fnac da Coruña
22/09/2009 18:30 Contacontos de Ana Carreira Martes 22 de setembro, ás 18.30 h, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela
 |
 |