Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


O prodixio dos zapatos de cristal
Neira Cruz, Xosé Antonio
Incluído na lista White Ravens 2009
Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009


Editorial Galaxia publica O prodixio dos zapatos de cristal, recreación do conto tradicional de Charles Perrault a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O debut de Martino Porconi a editorial inicia unha nova colección, Árbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("La Cenerentola", de Rossini) e da voz da actriz de dobraxe Teresa Santamaría.

Literatura e música danse a man neste musiconto (libro+CD) ilustrado por Rodrigo Chao, de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia. Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar as partes da ópera de Rossini que servirían para ambientar o conto nesta nova versión, un chisco irreverente, pero que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos.

Este musiconto é, xa que logo, un libro que vai poder ser gorentado tanto polos máis pequechos da casa como polos adultos. Non é só a historia. Tampouco só a música. O musiconto é un conxunto onde todo se une para engrandecer a literatura e o gusto por contar. Se os bos libros teñen que esforzarse en agradar e entreter, este libro que agora presentamos cumpre con eses obxectivos sobradamente.




Editorial: Galaxia
Colección: Árbore Musicontos
44 páx.
Cartoné
PVP: 27.00 €
ISBN: 978-84-9865-141-6
Data publicación: decembro 2008
1ª Edición
Ilustracións de Rodrigo Chao
Inclúe CD


 

Outros libros de Árbore Musicontos

Outros libros de Neira Cruz, Xosé Antonio
- Anterior:
- Seguinte:



Novas relacionadas:
- [28/07/2010]

Eventos relacionados:
28/02/2009 12:00
Presentación dos MUSICONTOS na Fnac
Sábado 28 de febreiro, ás 12.00 h, na Fnac da Coruña

[16/09/2009 - 31/10/2009]
Exposición MUSICONTOS: O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL
Do 15 de setembro ao 31 de outubro, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia.

15/09/2009 18:30
Contacontos de Ana Carreira
Martes 15 de setembro, ás 18.30 h, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela

15/09/2009 17:30
Inauguración da exposición MUSICONTOS: O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL
Martes 15 de setembro, ás 17:30 h, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia. Rúa Frei Rosendo Salvado. Santiago de Compostela


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal