Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


O soldadiño de chumbo
Andersen, Hans Christian



Adaptación de Xavier Senín a partir da curtametraxe dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde

Descubre por que O soldadiño de chumbo é un dos contos máis queridos de todos os tempos. Unha historia que vai máis aló do amor e que agora viaxa dende o cine á literatura para sorprendernos unha vez máis.

Con este libro Galaxia inicia unha nova colección, Árborecinema, nun ambicioso proxecto que agora nace en colaboración con Continental Producciones e Algarabía Animación, quen se encargaron da realización dunha curtametraxe de animación que xa colleitou unha morea importante de premios en todo o mundo, ambientada no Museo do Xoguete de Allariz e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde seguindo a técnica do stop-motion con deseños de Alfonso Costa.

Emilio Aragón puxo a música a este fermoso proxecto no que tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña. Posteriormente, Editorial Galaxia asumiu o reto de convertelo nun libro multisoporte que conxugase o pracer estético do álbum ilustrado de gran formato co DVD de animación.

Inclúe DVD coa curtametraxe.




Editorial: Galaxia
Colección: Árbore Cinema
40 páx.
Capa dura
PVP: 24.00 €
ISBN: 978-84-9865-323-6
Data publicación: novembro 2010
1ª Edición


 

Outros libros de Andersen, Hans Christian
- Anterior:


Eventos relacionados:
14/12/2010 12:00
Presentación da nova versión literaria e audiovisual de O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Martes 14 de decembro, ás 12:00 h, no salón de actos da Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela

12/02/2011 12:00
Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Sábado 12 de febreiro, ás 12:00 h, no CGAI. Durán Loriga, 10 baixo. A Coruña

02/04/2011 09:00
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


28/07/2011 19:00
Presentación en Allariz de O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Xoves 28 de xullo, ás 19 h, no Museo do Xoguete de Allariz

29/01/2012 19:30
Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Domingo 29 de xaneiro, ás 19:30 h, na Biblioteca do Centro Ágora da Coruña (Rúa Ágora s/n)

06/03/2012 20:00
Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Martes 6 de marzo, ás 20:00 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra. SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal