Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « CRÍTICA, MANUAIS E PENSAMENTO « Ensaio

Outro idioma é posible
Moure, Teresa

Unha lingua para a humanidade. Convocado por Editorial Galaxia co patrocionio de Unión Fenosa, o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 foi para o libro Outro idioma é posible, de Teresa Moure. O subtítulo do libro, "Na procura dunha lingua para a humanidade", xa anuncia o obxectivo deste ensaio: a proposta dunha lingua artificial que favoreza os intercambios culturais sen perxudicar a lingua propia de cada comunidade e sen minguar o respecto por todas as culturas do mundo.

Nos últimos anos, o sensible incremento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento reclaman unha lingua que supere as barreiras entre comunidades, máis ata hoxe ningunha institución con competecias mundiais se pronuniciou sobre cal debe ser esa lingua que se usará nos contactos internacionais. Outro idioma é posible pretende chamar a atención sobre o feito de que en todo o mundo se impón acriticamente o inglés, colocándose nunha situación de privilexio.
Teresa Moure salienta no seu ensaio que as dificultades para a comunicaión poden salvarse con mecanismos que non respondas aos intereses ideolóxicos da globalización e o pensamento único. O máis orixinal deles, e tamén o máis silenciado, consiste no uso dunha lingua artificial, construída deliberadamente para a comunicación internacional. Esa é a única posición ética en materia lingúística: o compromiso coa lingua propia de cada comunidade e o respecto cara a todas as culturas do mundo. Dese xeito garántese a pervivencia das pequenas linguas do mundo, hoxe ameazadas pola uniformidade dominante.




Editorial: Galaxia
Colección: Ensaio
168 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 14.70 €
ISBN: 978-84-8288-804-0
Data publicación: maio 2005
1ª Edición


 

Outros libros de Ensaio
- Seguinte:

Outros libros de Moure, Teresa
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal