Un longo e tortuoso camiño
Quintana Garrido, Xosé Ramón
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008
A obra Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009), da que é autor o historiador Xosé Ramón Quintana Garrido, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.
O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política "que importa".
Segundo a análise de Quintana Garrido, desde finais dos anos oitenta o BNG tivo que emprender un longo e tortuoso camiño de adaptación e de cambio estratéxico e organizacional. Non sen contradicións e crises internas, o resultado foi pasar dunha inicial posición radical e antisistema a abrazar posturas máis moderadas e centradas coas que maximizar votos, cargos e políticas. Con todo, tales cambios están suxeitos hoxe en día a unha incerta revisión por mor da derrota electoral de marzo de 2009. O BNG encóntrase na actualidade nunha encrucillada crítica na que ten por resolver tres problemas complexos e ensarillados: de liderato, de discurso e proxecto, e de organización. De como se solventen vai depender o seu futuro: retroceder, recuperar posicións ou mesmo avanzar.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Ensaio
|
 |
| 412 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 29.00 € |
 |
| ISBN: 978-84-7154-319-6 |
 |
| Data publicación: maio 2010 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Ensaio
- Seguinte: Filosofía da saudade
Novas relacionadas:
- UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO [28/07/2010]
- Presentación en Ourense de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO [28/07/2010]
Eventos relacionados:
27/05/2010 20:00 Presentación de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO Xoves 27 de maio, ás 20.00 h, na Biblioteca Ánxel Casal. Avenida de Xoán XXIII. Santiago de Compostela
08/06/2010 20:00 Presentación en Ourense de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO Martes 8 de xuño, ás 20.00 h, no Liceo de Ourense
06/07/2010 20:00 Sinatura de Xosé Ramón Quintana Garrido Martes 6 de xullo, ás 20 h, na Feira do Libro de Vigo
 |
 |