Fundación Penzol
Actual Padroado da Fundación Penzol 
A Fundación Penzol creouse e estableceuse, en Vigo, o 5 de maio de 1963 co obxectivo de dotar a Galicia dun centro de estudos e documentación especializado en lingua e literatura galega. Os seus primeiros fondos proceden do mecenado do bibliófilo Fermín F. Penzol-Labandera que durante máis de corenta anos reuniu os máis variados folletos, libros, documentos, periódicos e revistas, cartas e material manuscrito referente á lingua e á historia de Galicia. Antes do seu falecemento fixo depositaria á Editorial Galaxia deste legado e a editora asumiu o seu mantemento. Na actualidade dispón dunhas amplas instalacións na Casa da Cultura de Vigo, froito dun convenio de colaboración co concello desa cidade. O seu director ata 2010 foi o escritor e fundador de Galaxia, Francisco Fernández del Riego. O actual director é Francisco Domínguez.
A actual composición do Padroado é como segue:
Presidente: Blanca Jiménez de Penzol
Vicepresidente 1º: Alfonso Zulueta de Haz
Vicepresidente 2º: Xulio Souto Jiménez
Secretario: Antón Vidal Andión
Director da biblioteca: Francisco Domínguez
Vocais: Xaime Isla Couto; Xerardo Fernández Albor; Olga Gallego; Xulián Parga Rodríguez; Benxamín Casal Vila; Xoán Bernárdez Vilar; Real Academia Galega; Consello da Cultura Galega; Ricardo Beiras García-Sabell; Mª Dolores Cabrera Iglesias; Francisco Díaz-Fierros Viqueira; Francisco Domínguez Martínez; Pedro López Gómez; Manuel Meijide Vecino; Henrique Monteagudo Romero; Pablo Sánchez Ferro.
|
 |
 |
 |
 |
 |