Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.

Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...

  • Blog 
  • Unha rapaza de 4º da ESO reflexiona sobre UN OLLO DE VIDRO

Unha rapaza de 4º da ESO reflexiona sobre UN OLLO DE VIDRO


26 de marzo de 2012

Ana Isabel Fernández Alonso do Colexio Internacional Sek Atlántico escribe sobre UN OLLO DE VIDRO

“Debaixo do humorismo hai sempre unha grande dor ; Por iso no ceo non hai humoristas” Mark Twain   Isto  dixo un dos grandes humoristas, quizais por iso é tan certo, pois os humoristas do único que carecen é de ignorancia, son sabios que ven a vida coas súas verdadeiras colores, simple e baleira ou quizais demasiado chea. E nese caso só tes dúas opcións: limitarte a desexar ser un ignorante ou rirte da ignorancia. Ser considerado un incomprendido ou simplemente ser un humorista. Pois é gracioso ver como a xente se mata por vivir. É gracioso ver que hai xente que se cre superior, cando como di o meu libro de ciencias: “Somos todos individuos da mesma especie” E ten razón, todos somos persoas, simples estruturas de óso e prexuízos. Ninguén me daría a razón se digo que o final somos todos iguais, eu mesma me contradigo, pero realmente é así. Podemos ver a vida de diferentes formas, tratala de distintas maneiras, controlala ou deixar que  nos  controle,  vivir  o  momento ou  aproveitar o futuro; pero acabaremos da mesma maneira todos e esta regra non ten excepcións. Pois ó final o único que nos distingue é a vida, a carne, o aparentar  e demais sinónimos dunha mesma realidade. Por iso este libro gústame tanto; porque mostra máis lonxe desta realidade, máis só de óso non de carne, a realidade dunha sociedade na que non vivín pero por desgraza sigo vivindo. Como, ás veces, o ser na vida non ten sentido sen un aparentar, e na morte o ser, o que foi prescindible en vida, é o único  necesario. Este libro, como nos conta Castelao no prólogo é unicamente a  transcrición das memorias dun esqueleto. Estas, segundo conta o propio autor, vendeullas  un amigo seu enterrador quen para ganarse a vida dedicábase a sacarlle e vender as pertenzas dos defuntos. Un día este nun dos nichos atópase uns papeis e un ollo de vidro, e como este non sabe ler cóntalle ó noso escritor, quen as le e finalmente, curioso e interesado, merca. Claramente este é un recurso utilizado polo autor para aportar veracidade á súa obra, quen maxistralmente o consegue. As memorias deste esqueleto, relátanos a súa morte e parte da súa vida. O protagonista cóntanos como, aínda vivo, perde un ollo, o cal tiña enfermo, grazas a que un día o seu galo Tenorio picoulle nel deixándolle torto. O médico  despois de quitarlle, como xa  era costume, unha chea de cartos púxolle un ollo de vidro. Nesta parte aprézase que de ningunha maneira o esqueleto rexeita este ollo, se non que se refire a el como o instrumento que o salvou das aparencias na súa vida, como di el con ton de humor negro que encadra esta obra, ligou moito chiscando o seu ollo de vidro. Tristemente para o único que lle servira. O noso protagonista morreu entre cobertores como morren os bos homes, afeitado, peiteado e co seu traxe de festa. Enterráronmo sen quitarlle o seu ollo de vidro. Despois de que os vermes lle comeran a pouca carne que lle quedaba, unha noite de luar, ergueuse e saíu por primeira vez da súa cova. Ó levantarse sorprendeuse pois aquel ollo, que non lle servira para nada de vivo, servíalle para ver de morto. Estaba tolo de contento e foi cara ó rueiro dos esqueletos, segundo conta, onde todos  os  esqueletos  bailaban. No  primeiro  esqueleto  que  se fixou  foi  nun  co  cranio ladeado, expresión  de  melancolía nese mundo, axiña se decatou que era un esqueleto de muller  e  preguntoulle  porque  razón  había  morto.A  muller  díxolle  que  morrera  de tristura, morrera namorada do home que descansaba debaixo da pedra que estaba sentada. Non quixo saber nada máis daquela muller e foise. Para pasar o tempo acercouse ó cemiterio civil, onde descansaban os máis serios. Acercouse a un grupo de esqueletos republicanos pero ningún deles falaba galego. O noso protagonista preguntoulles o por que deste comportamento. Mais un esqueleto varudo e forte afastouno do grupo ironicamente este era un inglés que falaba galego. Durante as seguintes noites o esqueleto fíxose moi amigo do inglés, xuntos paseaban durante horas. Mais o inglés non resultou ser o que o noso protagonista cría, pois ademais de ter un sentido de humor cruel . Tamén coñece no camposanto dous esqueletos un filántropo e un poeta, os cales un por arrogancia e outro por materialista, na morte perderon todo o que tiñan os seus cartos un e o seu prestixio e modestia, se a tiña en vida, o outro. A outra noite encóntrase cunha rapaza que, ó contrario que os demais esqueletos  di que por fin pode descansar e lamentase da súa vida pobre, mísera e condicionada polo seu físico. Un día despois deste encontro coa moza, prodúcese un contacto moito máis sorprendente.Un día estaban no rueiro falando das súas vidas e tocoulle contar a súa.Aínda non rematara de contala cando un esqueleto se ergueu e deulle unha forte aperta. Era o seu pai! Mais este reencontro non durou moito  pois despois duns días o seu pai cun lagarto nas mans díxolle que tiña que ir a San Andrés de Teixido para cumprir unha ofrenda que non cumpriu en vivo. Esta consistía en que a súa alma tíñase que encarnar en aquel lagarto e que ía tardar bastante en volver; así que encargoulle que coidara a súa cova. Non todo acontecera neste cemiterio, pois o noso protagonista levaba dende facía uns días reparando nun home de carne e óso que saía dunha cova e ía cara á cidade. Unha noite foi detrás del. O principio cría que era un pantasma pero non,era un vampiro. Como  non  estaba  tranquilo  foi  a informarse e preguntar sobre os vampiro. Un dos seus amigos,cheo de ciencia oficial negoulle a existencia de tales seres, mais lle afirmou que había evidencias de súa existencia.Despois de acabar de dicir un gran discurso sobre estes estraños seres, preguntoulle, sen deixar ver as súas intencións, como se lle podía dar morte a un vampiro e o seu amigo respondeulle que queimando o cadáver. Non quixo saber máis e foise pensando que debían queimar a tódolos caciques, pois o vampiro o era. E segundo di os caciques eran capaces de facerse os mortos para seguir vivindo a conta dos malpocados. Finalmente nunha continuación final do prólogo Castelao nos promete outro relato dun esqueleto de pobo, para que nos demos conta da diferenza da sociedade que neses lugares habita. Esta obra ten un gran humor e un gran simbolismo. Por que preferimos o urbano o tradicional? Por que preferimos o artificial ó real? Por que preferimos o castelán ó galego? Simple, non aprezamos o que temos, rexeitamos o propio, queremos o alleo. Non somos inconformistas estamos cegos. Cegos por non apreciar o noso, a nosa cultura, un foco de arte que nos ofrece a nosa terra. Porque o galego non é sinónimo de retraso, é unha lingua, a nosa lingua, o noso signo de identidade. Porque se asocia co rural, é verdade, pero é que o rural é a esencia, o urbano o paquete. Mais desgraciadamente hai xente que segue sen abrir os regalos por non rachar o envoltorio. Eu o vexo así e síntome unha humorista, pois vexo as cosas como son e non me queixo da  ignorancia ,ríome na súa cara. Vivimos nunha sociedade de prototipos na que todas aspiran  a  ser “barbies” e na que  xa non se veneran os “kens” senón os  “actions mans” Hai  unha  frase  de  Castelao  que  define  moi  ben  o  meu  pensamento  é  a  esencia  que me transmi te esta obra: “Para mi todos son iguais, pero en cambio eles diferéncianse moi ben. Debe ser porque eles son cegos e eu vexo.” Mais estou tranquila por non ser unha “barbie” nin tan sequera unha “nanci” pois cando a morte nos leva, quedamos sen armas, sen comodíns, sen mentiras, sen nada máis ca uns ósos, ca un ser. Hai que aceptar as realidades. Non creo que vaia o ceo.


Buscar en fichas de lectura

Buscar en artigos do blog

Categorías

Valores

Ligazóns


logo

Avenida de Madrid, 44

36204 - Vigo(España)

Tel: 986 432 100

mail: galaxia@editorialgalaxia.es