Que é Travesías?
É unha exposición que nos fala das viaxes oceánicas realizadas en tres momentos históricos distintos e vinculadas estreitamente con Galicia:
- Pedro Sarmiento de Gamboa (Viaxe ao estreito de Magallanes, 1579-1580).
- Bartolomé García de Nodal e Gonzalo de Nodal (Viaxe ao estreito de San Vicente, 1618-1619).
- Fernando Villaamil (Viaxe de circunnavegación da corbeta Nautilus, 1892-1894).
Un proxecto multicéntrico, financiado en 2005 pola Consellería de Familia, Deporte, Xuventude e Voluntariado, a través da Fundación Deporte Galego, que se estendeu a tres das cidades marítimas históricas de Galicia: Vigo, Pontevedra e Ferrol e que abordou o mundo do mar dun xeito ameno e dinámico, para mostrar a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos, así como a participación da nosa comunidade na expansión marítima europea.
|
 |
 |
 |
|
 |