O Blog de Editorial Galaxia

Artigos de Déborah Vukusic

Xull 8

Mal, fealdade e inxustiza

Autor: Déborah Vukusic | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

18 anos de cárcere para a panda que buscaba parellas nos parques pola noite, masacraba a golpes aos mozos e violaba repetidas veces ás mulleres poñendo aos seus partenairs coma colchón. Probablemente os integrantes sairán en 5.
A roupa leva meses almacenada en stocks pero hai folga por falta de acordo no téxtil. O primeiro día [...]

A opinión de

    Manuel Portas

    07/09/10

    Manuel Portas
    Xerar xenreira

    Non é fácil comprender, se non é por inconfesábeis principios antigalegos de quen exerce o poder, que sexa a propia administración autonómica a que propicie para este principio de curso tal volume de crispación arredor dos usos lingüísticos no ensino. A relativa pax romana que se viviu até agora nos centros educativos, a pesar dos flagrantes incumprimentos lexislativos no uso do idioma propio, dá paso nesta nova etapa a un escenario de confrontación que para nada lle acae a esa normalidade que precisa o ámbito escolar e, moito menos, a que lle cómpre a unha das linguas, a nosa, que, en palabras dos textos legais, precisa de especial coidado e atención.

    Se ao que acontece no ensino lle sumamos as restricións nas políticas de promoción e edición do libro en galego, ou os recortes nas axudas aos medios de comunicación expresados no noso idioma, as cousas manteñen unha liña coherente: erosionar os ámbitos de expansión normalizadora é o obxectivo; xerar xenreira, o medio.

     

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Antonio Mandianes Lamas

A poesía necesaria

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios