O Blog de Editorial Galaxia
Mai 8

Memoria de Ramón Piñeiro en Barcelona

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Xeral |

O libro Do sentimento á conciencia de Galicia, no que se reune a correspondencia entre Basilio Losada e Ramon Piñeiro (1961-1984), foi presentado na Universidade Central.
Alumnos mozos e antigos alumnos, compañeiros do claustro académico, escritores e amigos, directivos do Centro Galego e das emisións radiofónicas catalanas asistiron ao acto, que se celebrou nunha das aulas da universidade. En certa maneira era tamén unha homenaxe ao vello catedrático de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa, cátedra que ocupou o profesor Basilio Losada dende 1968, animado “polo consello, o entusiasmo, as orientacións e o deseño estratéxico de Ramón Piñeiro”, segundo el mesmo recoñeceu, “pois dende Compostela mantiña viva a acción galeguista entre a mocidade da diáspora, tamén a de Barcelona”.
Son 453 cartas cruzadas (235 de Piñeiro, 218 de Basilio Losada) e arredor de 1.200 páxinas anotadas, cun estudo previo das profesoras Helena González e María Xesús Lama que contextualizan no lugar e no tempo a correspondencia.
O profesor Xosé Antonio González Casanova, catedrático de Dereito Político, asistiu ao acto e participou na presentación cunha sentida lembranza de Ramón Piñeiro. “Cando cheguei a Santiago, recén gañada a miña cátedra e con sona de mozo esquerdista, atopei en Ramón Piñeiro un amigo, un compañeiro de traballos a prol da saída democrática da ditadura e unha marabillosa fonte de información. Para min, Galicia sempre será Piñeiro. Galicia e o seu esforzo por manter viva a súa identidade nacional, o seu proxecto político de dignidade”.
Nas cartas cruzadas entre Basilio Losada e Ramón Piñeiro o lector pode seguir a crónica dese esforzo por manter activa esa idea de Galicia nas novas xeracións, traballada polo fundador de Galaxia con intelixencia e entusiasmo.
“Esta é a verdadeira obra de Piñeiro”, explicou Basilio Losada. “A súa corerespondencia. Son miles de cartas as que escribiu durante toda a súa vida, aos destinatarios máis distintos e distantes, algunhas pequenos e concentrados ensaios, que en conxunto compoñen un xigantesco mosaico. Recuperalas todas, ou na medida do posible, deitaría moita luz sobre un personaxe que, aínda coas súas contradicións, foi fundamental para a nosa xeración e para Galicia que hoxe coñecemos”.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un S agora un 2 despois pon a  L agora un m a continuacion un x o seguinte e un X

A opinión de

    Tino Santiago

    30/07/10

    Tino Santiago
    Onde chega a TV

    Onde chega a TV as cousas non volven ser como antes. Por exemplo, a natalidade diminúe, o que é unha condición indispensable para o desenvolvemento. Un Ministro de Familia da India asegurou que era o mellor método anticonceptivo porque : “cando acaben as series, estarán demasiado cansos para manter relacións sexuais”. O certo é que a natalidade baixaba pero non por esgotamento senón por imitación: as “heroínas” das series teñen poucos fillos, moitas estudan e mesmo mandan en empresas.
    As veces onde chega a TV medran as reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes; foi o caso da serie turca Noor: a trama xiraba ao redor da historia dun matrimonio novo no que o home apoiaba as aspiracións profesionais da muller. Mesmo onde chega a TV, as veces, hai menos posibilidades de comezar unha guerra; en Irán o mellor aliado da paz con Israel foi “Un xiro de 0 graos” que contaba a historia dunha especie de Schindler, que lles daba pasaportes aos xudeus para poder escapar.
    A TV é un monstro con moitas caras, unhas abominables pero outras moitas axudan a cambiar o mundo… para ben.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Héitor Mera

Por que non aprendo?

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios