O Blog de Editorial Galaxia
Xull 16

UNHA NOVELA QUE NON DEIXA INDIFERENTE A NINGUÉN

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias |

A novela de Domingo Villar A praia dos afogados, da que a editorial Galaxia tirou do prelo 6000 exemplares, leva xa vendida practicamente toda a edición. Hai unanimidade na recepción por parte do público, e a maior parte da crítica tamén celebra esta nova entrega das aventuras de Leo Caldas.

Por suposto, non todo son parabéns, como opina o crítico Francisco Martínez Bouzas no Faro de Vigo (podes ler o seu comentario aquí), aínda que a meirande parte dos comentarios son positivos, como hoxe lemos no Cartafol de Libros de Vieiros nun comentario de Manuel Rodríguez Alonso.

Domingo Villar asinará hoxe exemplares das súas obras na feira do libro de Vigo.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un W despois w o seguinte e un k despois e o seguinte e un 7

A opinión de

    Luis Rei

    04/02/10

    Luis Rei
    Borrador do galego

    Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle “cemiterio nuclear” e os seareiros “Almacén Temporal Centralizado”, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de “morra Marta, morra farta”.

    Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por “borrador do galego” as referencias andan polo medio millón… “Borrador do galego”: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai “maghas” co idioma. E a xente non se “borra” cun decreto.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Tomás Ruibal

Sardinia Blues

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios