O Blog de Editorial Galaxia
Set 21

¿Onde estaban?

Autor: Xose Carlos Caneiro | | Categorías: Artigos de autor |

Detesto o intelectual orgánico. Hai quen pensa que só existen con gobernos de dereita. Equivócanse. Os orgánicos existen en todas partes. Cando gobernan os seus, calan. E cando non gobernan, fieis ao partido e non á propia conciencia, aparecen de novo como defensores das liberdades. Un, cada fin de semana, profería a súa particular homilía. Un día contra Rouco, outro contra Rajoy, pero nunca dixo nada do que estaba sucedendo neste recanto do Noroeste: gobernado por un bipartito que nos partía a alma. O outro escribiu unha oda haxiográfica ao presidente Zapatero, acusaba a “algún medio de comunicación poderoso” e omitía a realidade facendo do silencio o seu aliado. Houbo algún que converteu o cine, a produción televisiva e a pasta pública nun negocio redondo. Tamén realizou algunha película pésima que os seus acólitos aplaudiron decontado. Había algúns, imaxino que con nómina ampla, que facían de altofalantes do sistema. Tamén os que castigaban os discrepantes. Incluso se fixeron antoloxías ou crónicas da realidade literaria galega, pagadas con diñeiro público, máis sectarias que as de Fraga (Feira de Frankfurt 2008, por exemplo). Tamén estaba o necio de turno que, a falta de inspiración máis poderosa, fixo dos ataques reiterados e sen escrúpulos á miña persoa o seu modo de catapultarse á fama (a diminuta fama do sistema literario galego). Agora saíron do seu agocho (os outros, o necio segue instalado na profunda idiocia) e falan de novo en nome das liberdades. Que credibilidade poden ter os que tanto calaron. Os que condenaron en nome da doutrina. Os que non toleran a discrepancia. Os que silenciaron iso que eu chamei “neofraguismo”. Sei que esta columna condéname aínda máis no voso mundo falsario e hipócrita.

Non importa. Cada vez síntome máis só, máis raro… e máis libre.

 

5 Respostas de “¿Onde estaban?”

  1. 1
    Manolito Pagafantas:

    O teu problema é o egocentrismo, Caneiro. E non é que esteas só, é que a xente pasa de ti, home, porque non hai quen te ature. E ti cada día fas haxiografías de Santiago Rey, amiguiño.

  2. 2
    Paulo:

    «Non importa. Cada vez síntome máis só, máis raro… e máis libre».

    Señor Caneiro, o seu artigo resultoume insufríbel (como de costume). De todo o que di no artigo só concordo, e parcialmente, coa frase que lle cito, en concreto concordo con ela até xusto antes dos puntos suspensivos.

  3. 3
    lois:

    “Tamén estaba o necio de turno que, a falta de inspiración máis poderosa, fixo dos ataques reiterados e sen escrúpulos á miña persoa o seu modo de catapultarse á fama”
    Pareceme extrano que alguén se fixese famoso por falar de vostede, ben ou mal da igual.
    A vostede coñeceo alguén?

  4. 4
    Carballo:

    Caneiro, o novo intelectual orgánico

  5. 5
    Fito:

    Onde seguro que non estaban era con esta xente:

    - http://www.anosaterra.org/nova/35207/un-alto-cargo-da-voz-pediu-a-suspension-eolica-.html

    - http://foros.periodistadigital.com/viewtopic.php?t=27658&sid=17f711f5fa369e9ff26d703c82037ca9

    Menudos son os directivos de La Voz

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un H a continuacion un S despois a despois pon a  k a continuacion un s

A opinión de

    Tino Santiago

    30/07/10

    Tino Santiago
    Onde chega a TV

    Onde chega a TV as cousas non volven ser como antes. Por exemplo, a natalidade diminúe, o que é unha condición indispensable para o desenvolvemento. Un Ministro de Familia da India asegurou que era o mellor método anticonceptivo porque : “cando acaben as series, estarán demasiado cansos para manter relacións sexuais”. O certo é que a natalidade baixaba pero non por esgotamento senón por imitación: as “heroínas” das series teñen poucos fillos, moitas estudan e mesmo mandan en empresas.
    As veces onde chega a TV medran as reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes; foi o caso da serie turca Noor: a trama xiraba ao redor da historia dun matrimonio novo no que o home apoiaba as aspiracións profesionais da muller. Mesmo onde chega a TV, as veces, hai menos posibilidades de comezar unha guerra; en Irán o mellor aliado da paz con Israel foi “Un xiro de 0 graos” que contaba a historia dunha especie de Schindler, que lles daba pasaportes aos xudeus para poder escapar.
    A TV é un monstro con moitas caras, unhas abominables pero outras moitas axudan a cambiar o mundo… para ben.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Héitor Mera

Por que non aprendo?

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios