O Blog de Editorial Galaxia
Out 13

Un Galeúsca reivindicativo

Autor: Francisco Castro | | Categorías: Xeral |

Celebrado esta fin de semana en Arantzazu

Como cada ano, celebrouse, desta volta en Arantzazu (Euskadi) o encontro anual de escritores galegos, vascos e cataláns, nesta ocasión reunidos durante tres días para reflexionar arredor dos grandes retos aos que se enfrontan as literaturas dos países con linguas minorizadas.


Entre as distintas conclusións das xornadas, os escritores participantes, das tres linguas, decidiron sumarse ás distintas accións reivindicativas da nosa lingua, ao tempo que reflexionaron arredor dos distintos asuntos que, como colectivo, son do seu interese: as campañas de fomento da lectura, a socialización e visibilidade da produción editorial na súa lingua, os dereitos de autor…


Pola banda galega participaron o seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, a secretaria da AELG, Mercedes Queixas Zas, e os escritores e escritoras, críticos, xestores culturales, Antía Otero (vicepresidenta), Fran Alonso, Alfredo Ferreiro, Marcos Sánchez Calveiro, Eva Moreda, Dores Tembrás, Armando Requeixo, Antón Riveiro Coello, Laura Caveiro, Rexina Vega e Francisco Castro.

1 Resposta de “Un Galeúsca reivindicativo”

  1. 1
    Alfredo Ferreiro:

    Como membro da delegación da Asociación de Escritores en Lingua Galega síntome orgulloso do compromiso e a perspicacia dos meus compañeiros e compañeiras a prol das letras galegas.
    Unha aperta fraterna para tod@s.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un u agora a agora w a continuacion un S despois pon a  m

A opinión de

    Luis Rei

    04/02/10

    Luis Rei
    Borrador do galego

    Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle “cemiterio nuclear” e os seareiros “Almacén Temporal Centralizado”, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de “morra Marta, morra farta”.

    Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por “borrador do galego” as referencias andan polo medio millón… “Borrador do galego”: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai “maghas” co idioma. E a xente non se “borra” cun decreto.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Tomás Ruibal

Sardinia Blues

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios