O Blog de Editorial Galaxia
Out 16

Un GRIAL dixital

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Novidades |

A revista completa no Quiosco Dixital

O novo número da revista GRIAL xa está nas librerías galegas. Dedicada nesta ocasión á figura do recentemente finado Anxo Rei Ballesteros, chega ao público ao tempo que, como levamos xa meses facendo, pode ser descargada dende o Quiosco Dixital de ARCE en cuestión de poucos días.
Daquela, esta publicación, que naceu hai xa tantísimas décadas como un intento de produción de cultura e de análise académica dende o galego, para poñer a nosa lingua á par das demais do mundo, entra agora, dende o novo formato electrónico, en calquera ordenador de calquera usuario que, independentemente das fronteiras ou das posibilidades de distribución, queira acceder aos seus contidos íntegros e completos.
A revista GRIAL sitúase así en primeira liña do século XXI, asumindo este novo reto editorial e comunicativo.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un h despois X agora B agora un u a continuacion un b despois H

A opinión de

    Tino Santiago

    30/07/10

    Tino Santiago
    Onde chega a TV

    Onde chega a TV as cousas non volven ser como antes. Por exemplo, a natalidade diminúe, o que é unha condición indispensable para o desenvolvemento. Un Ministro de Familia da India asegurou que era o mellor método anticonceptivo porque : “cando acaben as series, estarán demasiado cansos para manter relacións sexuais”. O certo é que a natalidade baixaba pero non por esgotamento senón por imitación: as “heroínas” das series teñen poucos fillos, moitas estudan e mesmo mandan en empresas.
    As veces onde chega a TV medran as reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes; foi o caso da serie turca Noor: a trama xiraba ao redor da historia dun matrimonio novo no que o home apoiaba as aspiracións profesionais da muller. Mesmo onde chega a TV, as veces, hai menos posibilidades de comezar unha guerra; en Irán o mellor aliado da paz con Israel foi “Un xiro de 0 graos” que contaba a historia dunha especie de Schindler, que lles daba pasaportes aos xudeus para poder escapar.
    A TV é un monstro con moitas caras, unhas abominables pero outras moitas axudan a cambiar o mundo… para ben.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Héitor Mera

Por que non aprendo?

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios